Parque Tecnolóxico de Galicia organiza o próximo venres 25 de maio unha conferencia de coaching para o emprendemento e a innovación tras a que presentará a súa nova sala de coworking, un espazo de traballo orientado a profesionais autónomos con todos os servizos adaptados ás necesidades específicas deste colectivo.
n
n
nA conferencia, impartida por Thinkin' Coaching en horario de mañá, presentará aos asistentes o coaching como un proceso creativo útil para o desenvolvemento das competencias persoais e profesionais, con especial atención á súa capacidade para potenciar as aptitudes e habilidades relacionadas co emprendemento e a innovación.
n
nO coaching é un proceso de axuda orientado á consecución de obxectivos que non consiste en que o coach transmita coñecementos ao participante, senón que, mediante o uso de competencias como a escoita activa e a pregunta, consiga provocar que este atope as súas propias solucións -das que ata ese momento non era consciente-, en forma de accións para alcanzar o obxectivo que pretende. Neste caso, os obxectivos serán dous: emprender e innovar.
n
nA conferencia está fundamentalmente dirixida a directivos, emprendedores e persoas que están a formularse o inicio dun novo proxecto empresarial ou desexan establecer novos plans de negocio nas súas organizacións.
n
nO prazo de inscrición para a xornada continúa aberto e o rexistro pode realizarse enviando os datos de contacto a conferencias@thinkincoaching.com. Aínda que a conferencia será totalmente gratuíta, os asistentes poderán colaborar voluntariamente cunha campaña de recollida de xoguetes para os nenos máis desfavorecidos, polo que se poderá entregar un xoguete a cambio da inscrición.
n
n20 aniversario
n
nA posta en marcha da sala de coworking de Tecnópole, así como esta conferencia de coaching especializado nos ámbitos do emprendemento e a innovación, terán lugar no marco da celebración do 20 aniversario da entidade.
n
n(Fonte: Tecnópole)