Tecnópole organiza un taller sobre innovación e creatividade

Traballadores de empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole participarán este próximo xoves día 27 nun curso práctico sobre innovación e creatividade impartido pola empresa Forte ‘ s, que desenvolve a súa actividade no Viveiro da Cámara de Comercio de Ourense.

O curso, totalmente gratuíto para os participantes, terá lugar en horario de tarde no Centro de Empresas e Innovación (CEI) de Tecnópole baixo o título ‘Innovación: un estado mental. Descubrindo a nosa creatividade’.

t t

A sesión terá un carácter eminentemente práctico, con dinámicas de grupo dirixidas a estimular a creatividade e potenciar as habilidades innovadoras traballando sobre a mellora e a busca de usos alternativos para unha serie de produtos propostos polos formadores.

O prazo de inscrición, que poderá tramitarse en isabel@tecnopole.es, rematará o mércores día 26.