Tecnópole organiza un taller de impresión e deseño 3D para alumnos de entre 8 e 18 anos

A impresión e o deseño en 3D estanse posicionando como tecnoloxías clave de futuro para calquera sector de actividade. Na súa liña de axudar aos máis novos a adquirir habilidades punteiras, Tecnópole organiza un taller sobre esta temática entre o 4 e o 6 de outubro con dous grupos diferenciados por idades.

O taller terá un máximo de 10 asistentes por sesión para garantir unha aprendizaxe práctica adaptada ás capacidades de cada asistente. Entre as 16 e as 18 horas será a quenda dos alumnos de entre 12 e 18 anos e a continuación, entre as 18.15 e as 20.15 horas, asistirán os participantes de entre 8 e 12 anos.

Ademais de aprender as bases do deseño e da impresión 3D, os alumnos fabricarán unha peza de creación propia que poderán levar a casa. A inscrición está aberta cun custo por participante de 72 euros.

(Fonte: Tecnópole)