O próximo 21 de setembro terá lugar en Tecnópole un curso de autoprotección para mulleres profesionais interesadas en mellorar a súa seguridade persoal. Ademais da formación, as asistentas recibirán un spray de defensa e unha alarma persoal.
As asistentas serán capacitadas no correcto uso das ferramentas de defensa nas situacións de risco máis habituais, como portais de edificios, aparcadoiros, rúas solitarias ou ámbitos laborais inseguros. Ademais, recibirán consellos sobre como pedir axuda e como acceder de forma segura ao coche ou á casa.
O curso celebrarase no edificio CEI de Tecnópole entre as 16 e as 20 horas. O seu custo é de 100 euros para as traballadoras de empresas e entidades do Parque Tecnolóxico de Galicia e de 150 para as externas.
A inscrición pode formalizarse enviando un correo a team@personalsecurity.es
(Fonte: Tecnópole)