Tecnópole organiza un curso de animación científica dirixido a profesores

n

n

Logo do éxito obtido no Curso de Introdución ao Método Científico organizado pola Tecnópole en 2013, durante este primeiro cuadrimestre do ano celebrarase en catro cidades galegas o I Curso de Animadores Científicos, dirixido a profesores de centros escolares.

n

n

 

n

O obxectivo do curso será capacitar aos profesores para que axuden aos estudantes a preparar proxectos científicos, pero sobre todo para que adquiran habilidades que lles permitan explicar a ciencia a través de experimentos dinámicos e divertidos.

n

 

n

Parque Tecnolóxico de Galicia organiza esta actividade formativa a petición da comunidade docente. A súa duración será de 10 horas distribuídas en dúas xornadas, cun prezo de 120 euros.

n

 

n

O curso iniciarase en Lugo os días 8 e 15 de febreiro en Lugo. Posteriormente, terá lugar o 8 e o 15 de marzo en Santiago e o 29 de marzo e o 5 de abril en Vigo. A inscrición pode realizarse a través do formulario web ou enviando un mail a sabela@tecnopole.es, indicando a cidade na que se quere recibir o curso.

n

n

 

n

 

n

n

 

n