A norma ISO 9001:2015 determina os requisitos dun sistema de xestión da calidade para a súa aplicación interna por parte das organizacións, sen importar se o produto ou servizo o oferta unha organización pública ou empresa privada, calquera que sexa o seu tamaño, para a súa certificación ou con fins contractuais.
Este curso analiza os principais cambios que supón a introdución da ISO 9001:2015 para axudar aos participantes a comprender o novo enfoque, dotaÏndoos das ferramentas e coñecementos necesarios para levar a cabo con eÏxito a transicioÏn · nova norma, de forma que poidan adaptar os sistemas de xestioÏn da calidade das súas empresas ás novas directrices. As organizacións disporaÏn dun perÌodo de tres anos para adecuar os seus sistemas e realizar a transición dos seus certificados.
Esta formación, que terá lugar entre as 9 e as 18.30 horas nas instalacións de Parque Tecnolóxico de Galicia, poderá ser bonificada pola Fundación Tripartita con carácter parcial. A empresa Bureau Veritas poderá realizar as xestións en nome dos participantes, con autorización previa.
(Fonte: Tecnópole)