Tecnópole organiza este ano o primeiro campamento tecnolóxico de verán que se celebra en Galicia. Os Tecnópole Technological Workshops (T2W) terán lugar na primeira quincena de xullo –cunha duración de dez xornadas activas– e estarán dirixidos a 40 rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos. A actividade conta co patrocinio da operadora de cable galega R.
n
n
nTodos os participantes traballarán no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos de diferentes graos de complexidade en función das súas idades. Para facelo posible, a formación incluirá nocións sobre o deseño de aplicacións móbiles e videoxogos, edición fotográfica e de vídeo, creatividade, biotecnoloxía, etc. Os mellores de cada categoría terán asegurada a súa participación na próxima Galiciencia, no mes de novembro.
n
nAínda que a inscrición está aberta a estudantes de toda Galicia sen restricións, a cercanía xeográfica recomenda a actividade para persoas que residen ou mesmo que pasan o verán na provincia de Ourense.
n
nAs actividades do campamento están deseñadas en función das idades dos participantes, con dous programas diferentes para os tramos de idade 12-15 e 15-18. En calquera caso, os obxectivos que se perseguen son comúns e consisten no desenvolvemento da capacidade resolutiva e innovadora e na dinamización da axilidade mental e da creatividade. Ademais de procurar que os alumnos e alumnas adquiran novos coñecementos tecnolóxicos, preténdese potenciar neles actitudes como o respecto mutuo, a colaboración e a socialización, xunto con habilidades relacionadas con falar ben en público e a práctica do inglés, etc.
n
nOs monitores e profesores son expertos en didáctica da ciencia e da tecnoloxía e no resto das materias que se van desenvolver na academia, aplicando unha metodoloxía dinámica, participativa, flexible, integradora e adaptada a cada tipo de idade.
n
nEspírito de equipo
n
nTodas as actividades desenvolveranse en equipo, mediante a formación de grupos de rapaces da mesma idade, aos que se estimulará para conseguir a organización interna que lles permita desenvolver habilidades sociais a través da discusión dos proxectos, fomentando ao mesmo tempo o respecto entre os compañeiros e o traballo en equipo.
n
nDado que se trata dunha actividade integrada no tempo de vacacións dos participantes, tratarase de fomentar a aprendizaxe a través do xogo, potenciando a creatividade e baseándose nas emocións e experiencias persoais. Así, durante o campamento os participantes practicarán actividades deportivas en equipo ao aire libre, como a natación, o tenis ou o atletismo.
n
nAs aptitudes comunicativas e a expresión corporal terán un oco importante na axenda de todos os grupos de idade, con talleres para falar en público e sesións de debate. Ademais, recibirán educación ambiental e aprenderán hábitos de alimentación saudables mediante a preparación de comidas sinxelas con produtos da horta ecolóxica.
n
nO custo por participante será de 290 euros con todo incluído, dende o transporte dende varios puntos da cidade de Ourense ata a comida e todas as actividades. Haberá descontos por inscrición temperá e para as familias que anoten a dous ou máis participantes.
n
nNova aposta pola divulgación
n
nA presentación do campamento tecnolóxico deu paso á xornada de portas abertas das Aulas Tecnópole. Mediante esta iniciativa, dous grupos de estudantes trasladáronse durante todo o curso dúas tardes por semana ao Parque Tecnolóxico de Galicia para levar a cabo os seus proxectos en equipo, axudados por formadores con ampla experiencia docente e de desenvolvemento de programas destas características. Os estudantes, todos eles de segundo ciclo de Secundaria e Bacharelato, recibiron formación sobre as pautas que debe seguir unha investigación científica rigorosa e a partir de aí desenvolveron os seus proxectos, que hoxe lles foron mostrados aos pais e profesores asistentes á xornada de portas abertas.
n
nOs alumnos das Aulas Tecnópole viron recoñecida a calidade do seu traballo en dous certames este ano. No mes de marzo un proxecto sobre a recuperación de solos queimados era premiado na Exporecerca, a feira científica máis importante de España. Hai tan só uns días tres proxectos recibían mencións de honra no concurso “Es de libro”, no que participaron cerca de 2000 estudantes de todo o Estado.
n
nA aposta firme de Tecnópole polas actividades de divulgación da ciencia e da innovación está avalada ademais polos Espectáculos de ciencia e a Galiciencia. Estas actividades, xa consolidadas, están dirixidas a mozos e mozas de toda Galicia co obxectivo de promover entre eles a vocación científica e de emprendemento innovador. O deseño destas iniciativas resposta ao reto de espertar neles non só o interese pola ciencia e tecnoloxía, senón tamén a vocación emprendedora, o espírito de colaboración, a creatividade e a curiosidade, competencias básicas para aumentar as probabilidades de éxito futuro tanto persoal como profesional da xuventude.
n
nMáis información e inscricións no campamento en http://t2w.tecnopole.es.