As vacacións escolares traen novos talleres de robótica a Tecnópole. Para dar a oportunidade de participar nesta actividade aos rapaces e rapazas que non puideron asistir aos talleres organizados o pasado verán, ábrense a inscrición corenta prazas repartidas en dúas edicións que terán lugar durante o Nadal.
Os talleres están dirixidos a estudantes de entre 7 e 12 anos e celebraranse do 21 ao 23 de decembro e do 28 ao 30 do mesmo mes, entre as 10.30 e as 13.30 horas e cun máximo de 20 participantes por taller.
A través de experiencias didácticas divertidas, os participantes achegaranse á tecnoloxía a través de nocións prácticas de construción e programación de robots.
A inscrición pode formalizarse aquí.