A norma ISO 9001:2015 determina os requisitos dun sistema de xestión da calidade para a súa aplicación interna por parte das organizacións, sen importar se o produto ou servizo o oferta unha organización pública ou empresa privada, calquera que sexa o seu tamaño, para a súa certificación ou con fins contractuais.
A norma ISO 14001:2015 expresa como establecer un sistema de xestión ambiental efectivo. Está enfocada a calquera organización, de calquera tamaño ou sector, que estea a buscar reducir os impactos da súa actividade no medio e cumprir coa lexislación en materia ambiental.
O curso sobre a norma 9001 terá lugar o 9 de novembro, mentres que o relativo á norma 14001 se celebrará o 10 de novembro, ambos os dous nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia.
Esta formación poderá ser bonificada pola Fundación Tripartita con carácter parcial. Bureau Veritas poderá realizar as xestións en nome dos participantes, con autorización previa.
Formulario de inscrición no curso sobre a norma 9001:2015.
Formulario de inscrición no curso sobre a norma 14001:2015.
(Fonte: Tecnópole)