Tecnópole redeseñou e optimizou a súa páxina web atendendo ás demandas e suxestións dos seus usuarios. O acceso máis intuitivo á información e a simplificación dalgúns trámites relativos a servizos son os principais aspectos que se revisaron, á vez que se renovou a estética do site.
Un dos apartados nos que se intensificaron especialmente os esforzos é o relativo aos servizos que Parque Tecnolóxico de Galicia ofrece tanto ás súas empresas coma ás de fóra, reorganizándoos para facelos máis accesibles.
Co obxectivo de facilitar a entrada a novas empresas interesadas en instalarse no recinto de Tecnópole en calquera das múltiples fórmulas que se ofertan, habilitouse un acceso máis directo á información e melloráronse os formularios.
(Fonte: Tecnópole)