O obxectivo desta convocatoria é apoiar proxectos en cooperación entre empresas e organismos de investigación, co fin de promover o desenvolvemento de novas tecnoloxías e a aplicación empresarial de novas ideas e técnicas, ademais de contribuír á creación de novos produtos e servizos.
As temáticas dos proxectos presentados deberán estar aliñadas coas prioridades establecidas nos retos da sociedade, así como con todas aquelas tecnoloxías complementarias de carácter transversal que sirvan para desenvolver e completar o contido destes retos.
Os retos son saúde, cambio demográfico e benestar; seguridade e calidade alimentarias, actividade agraria produtiva e sustentable; recursos naturais, investigación mariña e marítima; enerxía, segura, eficiente e limpa; transporte intelixente, sustentable e integrado; acción sobre o cambio climático e eficiencia na utilización de recursos e materias primas; cambios e innovacións sociais; economía e sociedade dixital; e seguridade, protección e defensa
A convocatoria conta con 573 millóns de euros para o período 2015-2018, o que supón un incremento no presuposto nun 40% (83 millóns de euros) para esta convocatoria con respecto á de 2014. Ademais, aumentouse o presuposto mínimo por proxecto, pasando dos 300.000 euros da anterior convocatoria a 500.000 euros.
A duración mínima dos proxectos será ata o 31 de decembro de 2016 e a máxima de 4 anos.
O financiamento terá forma de subvención no caso das universidades e centros de investigación públicos (asumirá o 100% dos custos marxinais) e dos centros e universidades privadas, aos que se aboará ata o 100% dos custos reais. As empresas recibirán empréstitos para ata o 95% dos custos financiables dos proxectos (10 anos de amortización e 3 anos de carencia).
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 24 de febreiro de 2015.
Información sobre a convocatoria.
(Fonte: Ministerio de Economía y Competitividad)