Tecnópole ofrece ás súas empresas entradas para as Xornadas sobre Automatización Industrial da Universidade de Vigo

Tecnópole, en calidade de entidade colaboradora do evento, ofrece entradas gratuítas ás súas empresas para as V Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial que a Universidade de Vigo celebrará entre o 12 e o 16 de novembro.

n
n

nNa pasada edición, celebrada en 2011, déronse cita nestas xornadas máis de 620 persoas dos ámbitos da empresa (pemes galegas e multinacionais), da investigación, da administración e da comunidade estudantil.
n
nSegundo a organización, estanse a ultimar os preparativos para a celebración da edición deste ano no Auditorio Novacaixagalicia de Vigo, onde ás empresas que xa son habituais -principais marcas internacionais líderes no seu sector-, súmanse investigadores, empresarios e colaboradores doutras universidades que falarán das últimas tendencias en automatización, o futuro tecnolóxico e o emprego, novas aplicacións tecnolóxicas e a automatización en situacións extremas, entre outros interesantes temas.
n
nAs xornadas naceron no seo da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais (hoxe reconvertida, tras a súa fusión coa Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial, na Escola de Enxeñería Industrial) da Universidade de Vigo co propósito de achegar a universidade á empresa. Despois destes anos o evento consolidouse, facilitando a inserción laboral dos alumnos da especialidade e servindo para a posta ao día sobre as novidades no sector mediante unha visión global do mercado nacional e internacional.
n
nMáis información, programa provisional e preinscricións http://jai2012.uvigo.es/.
n
n(Fonte: Tecnópole)

n