Tecnópole oferta xa o seu novo servizo de laboratorio de biotecnoloxía para toda España

n

O novo servizo de laboratorio de biotecnoloxía é unha instalación dotada cos máis modernos equipamentos que Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia- (Ourense) pon a disposición de empresas e centros nunha iniciativa sen precedentes para facilitar o acceso a tecnoloxía necesaria no desenvolvemento de actividades de I+D+i centradas no sector bio baixo unhas condicións de uso moi vantaxosas.

n


n

 

n

n

O laboratorio de biotecnoloxía é un servizo especializado de soporte a actividades de investigación deseñado para permitir aos seus usuarios gozar de todas as prestacións e a liberdade que ofrece un laboratorio propio, pero sen ter que asumir os elevados custos de adquisición e mantemento de equipos. Ademais, do mantemento, as tarifas de uso inclúen a limpeza e os gastos correntes (luz, auga, aire comprimido, baleiro, electricidade, etc.) ligados ao uso das instalacións.

n

 

n

O seu uso está aberto a calquera empresa ou centro tecnolóxico ou de investigación de España. A utilización dos equipos pode formalizarse para un período de tempo que vai dende unha hora ata o número de días, semanas ou meses que sexan necesarios.

n

 

n

Situada no edificio Tecnópole I, a instalación, de 310 m², está distribuída en tres zonas de traballo: laboratorio de ensaios físico-químicos, laboratorio de ensaios microbiolóxicos e espazo para tarefas docentes ou administrativas.

n

 

n

Algúns dos equipos cos que se dotou o laboratorio son un microscopio binocular, un HPLC, un GCMS, tres tipos de estufas de incubación, unha cámara de fluxo laminar, un microtomo motorizado, un rotavapor e un liofilizador de sobremesa con bomba de baleiro.

n

 

n

A opción de contar con espazos propios de traballo e almacenamento de material, a liberdade de horario e o avanzado sistema de seguridade e control de accesos son algunhas das vantaxes engadidas desta instalación científico-tecnolóxica de última xeración.

n

 

n

O investimento inicial realizado no laboratorio ascendeu a 477.000 euros, dos que o 75% foi financiado grazas a un empréstito do Ministerio de Ciencia e Innovación, concedido no marco da súa liña de apoio a proxectos de I+D realizados en parques científicos e tecnolóxicos.

n

 

n

Máis información, tarifas detalladas e xestión de reservas en www.tecnopole.es/labiotec.

n

n

 

n