Os emprendedores interesados, que han de contar cun nivel de formación de Bacharelato ou equivalente, deberán presentarse a unha sinxela proba de selección o próximo 15 de xuño en Tecnópole. Se a superan, poderán beneficiarse do curso, que terá lugar entre o 22 de xuño e o 22 de novembro polas mañás, con máis de 700 horas de formación, nas que se inclúen 40 horas de prácticas en empresas, enfocada baixo unha metodoloxía moi innovadora.
A realización do curso proverá os asistentes dun certificado oficial de profesionalidade con validez estatal. Esta acreditación oficial certifica que a persoa que a posúe conta cos coñecementos e as habilidades para desenvolver a actividade laboral relacionada coa temática impartida.
O curso enmárcase no programa de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Os interesados deben inscribirse na web de Tecnópole para asistir á proba de selección o día 15 de xuño ás 13.00 horas.
(Fonte: Tecnópole)