Tecnópole mellora de novo o grao de satisfacción das súas empresas

n

As empresas e entidades situadas en Tecnópole  -Parque Tecnolóxico de Galicia- manifestaron un grao medio de satisfacción de 4,28 sobre 5 en relación a todos os servizos e prestacións obtidos en relación á súa presenza no recinto. Esta puntuación supón unha leve melloría con respecto á rexistrada en 2010, de 4,21 puntos. 

n

n

 

n

n

O aspecto mellor valorado é a seguridade no recinto, seguido moi de preto polo servizo que presta a Oficina de Proxectos e a proxección pública a nivel de imaxe que proporciona a presenza en Tecnópole, considerada polas empresas como un valor comercial e unha vantaxe competitiva no mercado.

n

 

n

A interrelación entre as empresas e a situación estratéxica a nivel xeográfico, xunto coa contorna e a atención do persoal da sociedade xestora son outros dos aspectos valorados moi positivamente na enquisa realizada nos últimos meses cun nivel de resposta do 98% das entidades radicadas no Parque Tecnolóxico de Galicia, o que achega moito ao máximo o grao de representatividade dos resultados.

n

 

n

O resto dos aspectos consultados (calidade das instalacións, servizos xerais, actualización continua da información, comunicacións e asesoramento) foron destacados puntualmente polas empresas. 

n

 

n

En relación ao cumprimento de expectativas sobre a localización en Tecnópole, o 84% das empresas consultadas responderon afirmativamente, aínda que o 11% deixaron esta pregunta sen contestar, polo que a porcentaxe de incumprimento de expectativas redúcese ao 5%.

n

 

n

A sociedade xestora de Tecnópole marcouse como nota de corte o 3,5, o que quere dicir que se algún dos indicadores analizados non chegaba a ese mínimo tomaríanse as medidas correctivas oportunas. Aínda que iso non ocorreu en ningún dos aspectos sobre os que se consultou ás empresas, actuarase sobre os que rexistraron as valoracións máis baixas.

n

 

n

A enquisa complétase coa recollida de suxestións e recomendacións nas que Tecnópole basea desde sempre unha parte importante das súas medidas para a mellora continua dos servizos que presta ás empresas e entidades radicadas no seu recinto. 

n

n

n

 

n