ntO departamento de proxectos do Parque Tecnolóxico de Galicia celebra o próximo 27 de outubro a presentación da segunda fase do Programa de Cooperación entre Parques Industriais e Tecnolóxicos (COPIT), unha iniciativa estatal coordinada por Tecnópole en Galicia.
n
ntA partir das 12 horas no salón de actos, as empresas asistentes poderán coñecer as oportunidades abertas para cooperar co tecido industrial galego, concretamente coas empresas situadas nos polígonos.
nt
ntO obxectivo da xornada de traballo é presentar a metodoloxía a usar por parte das empresas e dos centros tecnolóxicos da Tecnópole interesados na iniciativa para recompilar a súa oferta tecnolóxica. Esta información será utilizada para elaborar un catálogo de carácter sectorial que logo se difundirá entre as empresas dos polígonos industriais situados en Galicia, co fin de acadar acordos comerciais e iniciar proxectos conxuntos.
nt
ntCaso de éxito
n
ntA experiencia de Tecnópole como coordinadora do programa en Galicia vén avalada pola súa selección como caso de éxito de 2009 a nivel estatal. Por este motivo, representantes do Parque Tecnolóxico de Galicia e do Polígono Industrial de Sabón (Arteixo, A Coruña), primeiro recinto industrial colaborador na comunidade, presentaron en Madrid o desenvolvemento e os resultados das actividades levadas a cabo na primeira fase.
n
ntOs acordos acadados producíronse como resultado de tres sesións de traballo que tiveron lugar a finais de outubro de 2009, nas que tecnólogos e empresarios do Parque Tecnolóxico de Galicia intercambiaron información sobre servizos e proxectos con empresarios dos Polígonos de Sabón e San Cibrao, que expuxeron principalmente as súas demandas tecnolóxicas para establecer o punto de partida cara novas relacións comerciais e proxectos de innovación conxuntos.
n
ntAs sesións tiveron carácter temático e celebráronse vía videoconferencia para cumprir así un dos principais obxectivos do programa: que a distancia xeográfica non sexa unha barreira para establecer un primeiro contacto entre empresas galegas con intereses comúns e posibilidades de mellorar a súa competitividade grazas á cooperación de base tecnolóxica.
n
ntEsta iniciativa estase a levar a cabo en toda España a través de 20 parques científicos e tecnolóxicos e 28 polígonos industriais, que buscan mellorar a competitividade das empresas e centros tecnolóxicos situados nestes recintos a través de fórmulas de cooperación entre eles.
n
ntO Programa está financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio mediante fondos FEDER e nel colaboran a Asociación Española de Parques Científicos y Tecnológicos de España (APTE), a Coordinadora Española de Polígonos Industriales (CEPE), a Escuela de Organización Industrial (EOI) e a Empresa Nacional de Innovación (ENISA).
n