Tecnópole incrementou os seus ingresos nun 21,4% en 2011

n

Tecnópole incrementou un 21,4% os seus ingresos durante o exercicio 2011, mantendo a facturación por servizos e alugueres e incrementando o financiamento para a realización de proxectos, ademais da súa actividade como entidade colaboradora do Ministerio de Economía e Competitividade para tramitar as axudas a empresas instaladas en parques científicos e tecnolóxicos.

n


n

 

n

n

n

Segundo os datos manexados hoxe na reunión do Consello de Administración da entidade, os ingresos obtidos durante o ano pasado ascenderon a 2,4 millóns de euros, cerca de medio millón máis ca no exercicio 2010. Isto permitiu continuar reducindo a subvención da Xunta de Galicia para o financiamento da xestión corrente da Tecnópole, que pasou de supoñer o 31% ao 28% sobre o total de ingresos.

n

 

n

Na reunión de hoxe tratouse tamén a ampliación do obxecto social da entidade, que ten como obxectivo adaptalo ao seu papel de axente dinamizador da I+D+i en toda Galicia. A ratificación deste trámite será realizada pola Xunta de Accionistas na súa próxima xuntanza.

n

 

n

Por outra parte, informouse aos membros do Consello da finalización mañá do prazo de presentación de ofertas para as obras de urbanización da primeira fase da ampliación da superficie do Parque Tecnolóxico. Esta actuación suporá un investimento de 1,7 millóns de euros e permitirá urbanizar 80.000 metros cadrados cun prazo de execución de 9 meses.

n

 

n

Novas empresas

n

 

n

O Consello de Administración deu tamén o seu visto e prace hoxe á instalación de tres novas empresas na Tecnópole. Unha delas, Estética Dental López, comezará de xeito inminente as obras na parcela que lle foi adxudicada para construír un laboratorio de preto de mil metros cadrados que se dedicará á investigación no ámbito das próteses dentais, co obxectivo de lograr implantes máis funcionais, duradeiros e estéticos. En canto esta instalación científica, que se construirá por fases, estea rematada, será posta a disposición doutras empresas galegas do sector para que realicen nela as súas investigacións.

n

 

n

Esta empresa ten previsto levar a cabo proximamente en Galicia unha iniciativa que xa implantou con éxito en Portugal: regalar próteses dentais acrílicas a persoas sen recursos.

n

 

n

Ademais desta, dúas novas empresas entrarán na incubadora da Tecnópole.  A primeira, Sineldent, tamén desenvolve a súa actividade no sector da fabricación de pezas dentais. Esta empresa ten a súa nave industrial no polígono veciño de San Cibrao das Viñas e instala na Tecnópole o seu departamento de deseño industrial para investigar novos sistemas de traballo en plástico e multimateriais como o titanio.

n

 

n

Pola súa banda, Topolaser, empresa dedicada aos servizos técnicos de enxeñería territorial, dedicará o seu niño na Tecnópole a proxectos de I+D+i para lograr desenvolvementos propios no eido da auditoría catastral e da obtención de datos territoriais de baixo custo mediante vehículos non tripulados, entre outros.

n

n

n