O próximo venres 13 de xullo ás 13.30 horas inaugúrase no Edificio CEI a exposición fotográfica realizada por Tecnópole para conmemorar o seu 20 aniversario cun percorrido en imaxes polo seu pasado e o seu presente.
n
n
nTrátase de preto de medio centenar de documentos gráficos que, en primeiro lugar, repasan os acontecementos institucionais máis importantes acontecidos na historia do Parque Tecnolóxico de Galicia e comparan os inicios do recinto co seu estado actual. Para a montaxe desta parte da exposición, Tecnópole contou coa colaboración do diario La Región, que achegou varias fotografías pertencentes ao seu arquivo documental.
n
nA segunda parte mostra a realidade da actividade que se desenvolve hoxe en día nas empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole a través dunha serie de imaxes nas que os protagonistas son os profesionais que cada día desenvolven alí o seu labor. Fotografías individuais dunha parte importante dos empresarios e imaxes de grupo dos emprendedores que traballan nas incubadoras do Parque Tecnolóxico de Galicia configuran esta parte da mostra.
n
nA exposición permanecerá aberta na planta baixa do Edificio CEI ata final de ano, momento no que se clausurarán as actividades conmemorativas do vixésimo aniversario de Tecnópole.
n
n(Fonte: Tecnópole)