n
Todos os servidores de Tecnópole se atopan xa na nube despois de finalizarse o proceso de aloxamento destes na infraestrutura de cloud computing de Conexiona Telecom, empresa TIC con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia.
n
n
n
n
Deste xeito, complétase así un proceso mediante o que os servidores físicos deron paso a unha infraestrutura virtual que permitirá un importante aforro de espazo e custos, xa que a antigüidade dos servidores anteriores de Tecnópole esixía un importante investimento para a adquisición de novo equipamento e esta foi substituída por un aluguer que inclúe o servizo de mantemento e solución de incidencias, así como todas as actualizacións necesarias para o seu funcionamento nas mellores condicións.
n
n
A virtualización dos servidores permitirá dotar a infraestrutura de procesamento de datos de Tecnópole de máis flexibilidade e fiabilidade, ao tempo que se reduce o consumo de enerxía ligado ao funcionamento dos antigos servidores físicos.
n
n
A elección de Conexiona como provedor deste servizo debeuse ao alcance dos seus recursos de hardware e software, que permite un aproveitamento da capacidade de procesamento dos seus servidores próximo ao 100% e, en consecuencia, a posibilidade de proceder ao apagado e arranque destes baixo demanda.
n
n
n