Tecnópole expón as súas iniciativas a favor do emprendemento innovador no marco do proxecto europeo NACCE

A directora de Tecnópole, Luisa Pena, participa o vindeiro martes como mentora no I Foro de Innovación que se celebra en Ourense no marco do proxecto europeo NACCE. A súa intervención centrarase nas iniciativas que a entidade que dirixe puxo en marcha no ámbito do emprendemento innovador. A xornada terá lugar na Escola Superior de Enxeñería Informática do campus ourensán da Universidade de Vigo.

n
n

 

n

Luisa Pena intervirá nunha sesión matutina titulada 'É a hora de emprender… low cost', durante a que, entre outros temas, explicará o funcionamento do novo espazo de coworking inaugurado recentemente na Tecnópole. Durante a tarde, a directora do Parque Tecnolóxico de Galicia porase, xunto cos demais mentores, a disposición dos asistentes para asesoralos en temas de emprendemento.

n

 

n

O proxecto NACCE, 'Núcleo de Apoio á Competitividade e a Creación de Empresas TIC', é unha iniciativa que pretende revolucionar o sector TIC na rexión transfronteiriza de Galicia-Norte de Portugal a través da cooperación entre empresas TIC, entidades TIC e de emprendemento e persoas (profesionais do sector, estudantes, profesores, etc) de ambos os lados da fronteira.

n

 

n

Esta iniciativa, apoiada polo Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, está liderada pola Consellería de Traballo e Benestar xunto con AGESTIC (Asociación Galega de Empresas TIC), Cámara de Comercio de Vigo, Universidade de Vigo, AIMinho-Associaçao Empresarial e o CCG/ZGDV (Centro de Computaçâo Gráfica).

n