O Parque Tecnolóxico de Galicia está de estrea por partida dobre: renova a súa imaxe corporativa e lanza unha nova páxina web.
En Tecnópole cremos na importancia da innovación e da educación científica, nunha maneira máis sostible e humana de traballar xuntos, nun lugar único pensado para medrar de xeito natural. Por iso renovamos a nosa marca, baseándonos na fusión entre a tecnoloxía -a nosa razón de ser- e a natureza -en liña co compromiso do Parque co desenvolvemento sostible-.
Tecnópole é unha comunidade tecnolóxica, onde a tecnoloxía, a innovación e o talento se unen para facer realidade proxectos de empresas, startups e emprendedores. Desde o Parque estimulamos a expansión de cada nova iniciativa e apoiamos día a día a cada membro da nosa comunidade. Coa renovación da nosa páxina web, pretendemos chegar a todo o mundo e que todo o mundo poida chegar a nós, nese afán de impulsar ideas innovadoras.
Fonte: Tecnópole