Tecnópole en Verde
Somos un ecosistema tecnolóxico nunha contorna autosostible e amigable
Dentro do Plan Estratéxico de Tecnópole encóntrase a Estratexia de sostibilidade, cuxo obxectivo estratéxico principal é mellorar de forma eficiente a xestión en materia de sostibilidade do Parque e que recolle, entre outros, os seguintes obxectivos operativos:
1. Elaboración dun mapa de ODS
2. Diminución da pegada de CO2 do Parque
3. Promoción da actividade de Tecnópole en materia de sostibilidade
4. Construción dunha Estrutura Singular de Madeira
Obxectivos operativos en sostibilidade
1. Elaboración do mapa de ODS da entidade xestora do Parque
2. Cálculo da pegada de CO2
- Cálculo da pegada de carbono do Parque Tecnolóxico de Galicia S.A e compromiso de redución.
- Cálculo iniciado no 2022, pegada verificada polo Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico e inscrita no seu rexistro (Cód. huella de carbono: 2024-a0302) Tecnópole manten o compromiso da posta en marcha dun plan de redución e seguimento anual do cálculo da pegada para avaliar a eficiencia
- Creación do Bosque de Tecnópole para compensación das emisión de CO2 da entidade xestora do Parque e, nun futuro, das súas empresas. O Bosque de Tecnópole conta polo momento con 1.800 árbores plantadas de 8 especies autóctonas de Galicia: érbedo, bidueiro, castaño, acivro, piñeiro galego, carballo, sobreira e serbal.
3. Promoción da actividade de Tecnópole en materia de sostibilidade
Tecnópole é membro do Pacto Mundial da ONU, adquirindo así o compromiso de facer seus os Dez Principios de sustentabilidade empresarial. O Parque constrúe así un marco estratéxico vinculado á Axenda 2030.
4. Construción dunha estrutura singular de madeira
Construción dun espazo cerrado e permanente nunha parcela situada xunto ao edificio central do Parque Tecnolóxico de Galicia. A estrutura caracterizarase pola súa singularidade e o uso da madeira para resolvela. Búscase dispoñer dunha edificación que permita acoller a celebración de eventos do Parque, as súas empresas e terceiros. Proponse un edificio de planta libre cunha luz transversal en torno a 15 m e unha superficie duns 600 m2. Desde un punto de vista arquitectónico, o edificio é orgánico, no sentido que nos remite á forma na que están conformadas diferentes estruturas na natureza.
Interésache
Faite residente
Descubre todo o que Tecnópole pode ofrecerche para axudar á túa empresa a crecer