ntTecnópole acollerá o próximo 19 de novembro o curso ‘Como comunicar e motivar mellor’, organizado por BIC Galicia e impartido pola consultora QCoach. A inscrición, de carácter gratuíto, está aberta.
nt
ntOs obxectivos deste taller son coñecerse como comunicador/a, sacar todo o rendemento ás propias potencialidades, comprender e fomentar os mecanismos de motivación das persoas e experimentar e reforzar a automotivación.
n
ntO curso está destinado a empresarios e persoal directivo que desexe aumentar as súas competencias de comunicación. Durante a sesión todos os participantes farán exposicións individuais con coaching persoal e realizaranse exercicios concretos empregando a técnica C.I.Y.N., creada polo equipo Qcoach baseándose no Contexto, o Impacto no interese, a Emoción e a Naturalidade.
n
ntO formador será Daniel Álvarez Lamas, certificado como Coach Internacional pola International Coaching Community de Joseph o ‘Connor (ICC) e consultor de adestramento directivo e organización empresarial.
n
ntPara inscribirse pique aquí.
n