Tecnópole e AIMEN divulgan as vantaxes da eficiencia enerxética entre os empresarios galegos

O Parque Tecnolóxico de Galicia –Tecnópole– e o Centro Tecnolóxico AIMEN organizan unha xornada divulgativa sobre a eficiencia enerxética na industria o vindeiro 27 de xaneiro en horario de tarde. As sesións, que terán lugar nas instalacións de Tecnópole, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas, serán gratuítas e a inscrición estará aberta ata a véspera da xornada.
n
nEsta acción divulgativa foma parte do Plan de Promoción e Transferencia Tecnolóxica que Tecnópole e AIMEN desenvolven conxuntamente co apoio da Dirección Xeral de Política da PEME do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.  A xornada está dirixida a directores xerentes ou das áreas de enxeñería e produción, responsables de calidade e medioambiente e calquera profesional interesado na mellora dos procesos produtivos e do medioambiente.
n
nO obxectivo é ofrecerlles aos asistentes unha visión global do concepto de eficiencia enerxética, dende os aspectos máis xerais ata o modo da súa aplicación directa na industria. A idea central será explicar que unha maior eficiencia enerxética na industria produce un dobre beneficio: por un lado, o derivado da redución dos custos enerxéticos e, por outro, o resultante de incorporar equipos más eficientes, que permitan por tanto incrementos na produtividade, na redución global dos custos e na mellora da calidade dos proxectos.
n
nA apertura da xornada, que terá lugar ás catro da tarde, estará a cargo do responsable da Delegación Tecnolóxica de AIMEN en Ourense, Alberto Martínez Pintos. A continuación, a técnica de I+D do centro tecnolóxico especializada en Medio Ambiente e Enerxía, Rocío Pena, explicará os beneficios da eficiencia enerxética na industria e desglosará os proxectos que neste ámbito está a realizar AIMEN. Finalmente, Luz Castro, da empresa SMC S.A. falará sobre a eficiencia enerxética en sistemas de aire comprimido. A compañía á que representa é a filial española dunha multinacional centrada nas aplicacións industriais da neumática nos sectores da automoción, a industria electrónica, as ciencias da vida e a industria alimentaria.
n
nOs interesados poden informarse en formacion@aimen.es ou no número 986 344 000.