Tecnópole e AIMEN difunden as axudas á mellora da competitividade dispoñibles para as Pemes galegas

O Parque Tecnolóxico de Galicia –Tecnópole– e o Centro Tecnolóxico AIMEN organizan unha xornada de difusión sobre as axudas á mellora da competitividade empresarial habilitadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). A sesión informativa terá lugar o vindeiro xoves 26 de marzo no Edificio CEI de Tecnópole entre as 12 e as 14 horas.
n
nEsta acción foma parte do Plan de Promoción e Transferencia Tecnolóxica que Tecnópole e AIMEN desenvolven conxuntamente co apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación. A xornada está dirixida a directores xerentes ou das áreas financeiras e de proxectos, así coma ao público en xeral.
n
nO obxectivo é ofrecerlles aos asistentes información sobre as principais axudas á competitividade empresarial dispoñibles na actualidade, como as liñas para financiamento de circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital social; a liña Igape-ICO-Entidades para financiamento de investimentos; a liña para financiar investimentos de Pemes, emprendedores ou microempresas; os incentivos económicos do IGAPE para a competitividade; o Programa de apoio á innovación das Pemes (Programa Innoempresa); os préstamos para innovación tecnolóxica; e outras liñas de carácter sectorial.
n
nA apertura da xornada, estará a cargo do responsable da Delegación Tecnolóxica de AIMEN en Ourense, Alberto Martínez Pintos. A continuación, os subdirectores xerais de Xestión de Proxectos e de Información Especializada do IGAPE, Norberto Penedo e Carlos Silva, expoñerán as principais liñas de soporte económico deseñadas polo organismo da Consellería de Economía e Facenda para apoiar a competitividade das Pemes galegas.
n
nOs interesados en asistir poden informarse en formacion@aimen.es ou no número 986 344 000.