O Centro de Innovación e Empresas (CEI) da Tecnópole conta con dúas novas iniciativas de emprendemento. Hicom&Technology Business e Spamex Comunicación incorpóranse a dous niños da incubadora principal do Parque Tecnolóxico de Galicia para desenvolver a súa actividade nos sectores da electrónica de consumo e das telecomunicacións, respectivamente.
n
n
n
Hicom&Technology Business é unha empresa de nova creación dedicada ao desenvolvemento de equipos electrónicos de consumo para diversos usos domésticos e industriais: equipos de localización e domótica; proxectos de automatización, optimización e control de procesos industriais; deseño de aparatos de sinalización e control para viarios e obras; etc.
n
n
As actividades de I+D+i que a empresa vai desenvolver dende a Tecnópole inclúen en primeiro lugar proxectos de visión artificial aplicada á calidade das pezas de plástico fabricadas mediante inxección. Tamén traballarán no deseño e fabricación de aparatos electrónicos de sinalización, control e programación e en novos sistemas de localización activa de persoas, mascotas e vehículos. Por último, teñen previsto desenvolver proxectos de mellora da seguridade viaria, tanto para vehículos como para peóns.
n
n
Localización de flotas
n
n
Spamex Comunicación é unha empresa que ten a súa sede central na localidade alacantina de Elxe e que instala unha oficina de I+D na Tecnópole para desenvolver e comercializar o seu software de seguimento e localización de flotas de todo tipo de vehículos (coches, motos, camións, etc.) e persoal. Trátase dun sistema que permite facer un seguimento contínuo en tempo real, o que proporciona axilidade e maior calidade nos servizos que prestan os seus clientes. Como novidade sobre os servizos deste tipo xa dispoñibles no mercado, o de Spamex presenta a singularidade de poder estar incluído na factura de telefonía móbil da empresa, o que implica unha importante redución de custos.
n