Tecnópole dá o salto aos dispositivos móbiles coa súa nova páxina web

Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia- acaba de poñer a disposición dos usuarios de teléfonos intelixentes (smartphones) a aplicación que permite visualizar a versión especial da súa nova páxina web para dispositivos móbiles. A aplicación pódese descargar de xeito gratuíto na Apple Store para o iPhone e no Android Market para móbiles con este outro sistema operativo.
n

nt 

n

ntO lanzamento desta nova utilidade coincide coa renovación páxina web de Tecnópole, que mellora a súa navegabilidade e aumenta a visibilidade das aplicacións 2.0 que a entidade está a aproveitar como ferramentas de comunicación: a canle de microblogging Twitter, a rede para compartir fotografías Flickr, a aplicación de axenda Google Calendar e os repositorios de vídeo YouTube e Vimeo principalmente. Ademais, Tecnópole permite a suscrición á súa newsletter mediante o protocolo RSS para que sexa accesible, ademais de mediante correo electrónico, a través dos lectores de feeds, como Google Reader. 

n

nt 

n

ntA versión específica para móbiles permite un acceso rápido e cómodo á información máis práctica relacionada coa Tecnópole. As empresas e os centros tecnolóxicos instalados no recinto son de novo os protagonistas, cun apartado propio no menú principal que leva aos seus datos de contacto. As noticias, o calendario de eventos, a información básica sobre a entidade, o enlace ás redes sociais e o acceso ao menú diario da cafetería, ás últimas convocatorias de axudas ou aos horarios de autobuses ata o recinto, entre outras cousas, son os principais elementos da aplicación.

n

nt 

n

ntA web de Tecnópole contén toda a información relativa aos proxectos nos que está implicada e os servizos que presta, ademais da canle de noticias na que se publican puntualmente todas as novidades relacionadas co Parque Tecnolóxico e con todas as empresas e centros que aloxa. Os internautas poden tamén facer unha viaxe virtual pola Tecnópole utilizando o mapa 'Tecnópole 3D', que permite visualizar o alcance do que será a próxima ampliación da superficie a case o dobre da actual.

n