Tecnópole dá a coñecer o programa “5 sentidos para innovar” no Centro de Excelencia de Vigo

Representantes de Tecnópole deron a coñecer este martes o proxecto "5 sentidos para innovar" durante a xornada organizada polo Centro de Excelencia de Vigo baixo o título "Open Innovation. Un novo modelo de innovación", cuxo obxectivo principal foi difundir o modelo de innovación aberta como ferramenta clave para xerar valor engadido nas organizacións e facelas máis competitivas.

n
n

nDurante a sesión analizáronse os beneficios que a aplicación da innovación aberta pode reportar ás empresas e as ferramentas das que dispoñen para pola en práctica. Tal e como explicou Regina Carreira, vicegerente de Internacionalización da Universidade de Vigo, a innovación aberta, termo acuñado polo profesor Henry Chesbrough da Universidade de Berkley (EEUU), é un modelo a través do cal as empresas van máis aló dos límites internos da súa organización e buscan cooperación con axentes externos para xerar valor no marco de novos proxectos estratéxicos de I+D que lles fagan ser máis competitivos e eficientes, optimizando os seus recursos, reducindo custos e descubrindo novas oportunidades de negocio.
n
nBeatriz Monfort e Nuria Bueno, do departamento de Proxectos de Tecnópole, presentaron a iniciativa posta en marcha polo Parque Tecnolóxico de Galicia para favorecer a innovación aberta nas empresas. Durante o último evento celebrado no marco desta iniciativa e través de dinámicas colaborativas baseadas no cinco sentidos, responsables de diferentes compañías de toda Galicia puideron identificar as súas potencialidades e compartilas con pemes doutros sectores ou ramas de actividade. Este formato facilitou o establecemento de novas sinerxías que xa están a dar lugar a novos proxectos.  
n
nPola súa banda, Juan Pastor, fundador e CEO en Repensadores S.L e profesor de Creatividade e Innovación na xestión empresarial da Escola de Organización Industrial (EOI), trasladou aos asistentes que a innovación aberta permite que empresas que non dispoñen de recursos na súa estrutura interna poidan desenvolver proxectos innovadores buscando talento, experiencia ou mesmo financiamento, noutras organizacións, xa que "a suma de talentos enriquece os proxectos e faios excelentes".
n
nExperiencias innovadoras
n
nGutier Martínez, de People Manager en Centum Research & Techonology, compartiu a experiencia da súa empresa que, para poder realizar un ambicioso proxecto de I+D, buscou colaboracións fóra da súa estrutura. A idea inicial era a creación dun avión non tripulado que permitise localizar a persoas a través do teléfono móbil pero, grazas ás achegas externas, puidéronse expor novas aplicacións para outros sectores, como o gandeiro, o forestal…
n
nPola súa banda, Rodrigo Gómez, responsable da Unidade de Desenvolvemento e Innovación da Escola Galega de Administración Sanitaria, explicou como é posible innovar no sector público implicando a todos os axentes que integran o sistema. Compartiu a experiencia do SERGAS na creación da Plataforma de Innovación Sanitaria, unha ferramenta transversal que ten por obxectivo instaurar un novo formato de xestión, que permite xerar valor engadido e ofrecer servizos de maior calidade e máis efectivos, a menor custo. Pretende promover a cultura da innovación, implicando tanto a profesionais como a pacientes para que poidan achegar ideas, coñecementos e experiencias que permitan desenvolver solucións que remplacen servizos actualmente ineficientes.
n        
nPor último, Julio Sande, xerente de Clarke, Modet & Co., recomendou perder o medo a compartir coñecementos e animou aos empresarios a pensar que a propiedade intelectual é unha ferramenta clave no desenvolvemento de negocio, xa que pode multiplicar as súas posibilidades de éxito nun mercado cada vez máis globalizado e abrir a porta a novas liñas de traballo.

n