Segundo a organización, estanse a ultimar os preparativos para a celebración da edición deste ano, que terá lugar no auditorio do Centro Social AFundación, onde ás empresas que xa son habituais -principais marcas internacionais líderes no seu sector-, súmanse estudantes, investigadores, empresarios e colaboradores doutras universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e de Iberoamérica.
Os asistentes compartirán as últimas tendencias en automatización, o futuro tecnolóxico e o emprego, novas aplicacións tecnolóxicas -como a incorporación das Google Glass e os robots aéreos á actividade industrial- e as solucións software máis innovadoras, entre outros temas.
As xornadas, de carácter bienal, naceron no seo da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais (hoxe reconvertida, tras a súa fusión coa Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial, na Escola de Enxeñería Industrial) da Universidade de Vigo co propósito de achegar a universidade á empresa. Despois destes anos o evento consolidouse, facilitando a inserción laboral dos alumnos da especialidade e servindo para a posta ao día sobre as novidades no sector mediante unha visión global do mercado nacional e internacional.
Máis información, programa provisional e preinscricións en http://jai2014.uvigo.es.
(Fonte: Universidade de Vigo)
(Fuente: Universidade de Vigo)