O próximo xoves 24 de marzo, terá lugar en Tecnópole unha xornada informativa sobre as características do financiamento do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) a través do Programa NEOTEC, o Fondo Tecnolóxico Europeo e os Proxectos Individuais de Desenvolvemento (PID).
n
Ademais, informarase sobre aspectos relativos á tramitación dos proxectos no que se refire ao presuposto, as partidas financiables, as boas prácticas na preparación de propostas, etc. e analizaranse casos de éxito en Galicia. A xornada contará coa presenza de Luis Carbia, da Área de Financiamento de Proxectos de I+D+i da Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), membro da Rede de Puntos de Información sobre Actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
n
A sesión celebrarase entre as 10 e as 12 horas na sala de xuntas 1 do Edificio CEI de Tecnópole. A inscrición pode formalizarse en bea@tecnopole.es.
n