Tecnópole celebra unha charla-coloquio para abrir oportunidades de negocio en relación á política ambiental do Concello de Ourense

n

No marco das actividades organizadas con motivo do Día do Medio Ambiente, Tecnópole celebra o proximo xoves 13 de xuño unha charla-coloquio impartida pola concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ourense, Susana Bayo, baixo o título "Ourense, cara a unha cidade medioambientalmente sustentable!".
n
nA responsable da área ambiental exporá os proxectos que o Concello de Ourense está a levar a cabo neste ámbito e os que se porán en marcha no futuro inmediato. O obxectivo é que as empresas de Tecnópole que traballan nos sectores enerxético e ambiental poidan detectar oportunidades de negocio, aínda que a sesión está aberta a calquera empresa interesada á marxe da súa localización. Tamén existe interese por parte do Concello en recoller ideas e suxestións achegadas polos empresarios do sector para acometer novas iniciativas.
n
nA inscrición na charla-coloquio, que terá lugar no edificio CEI ás 12.30 cunha duración prevista dunha hora, pode realizarse clicando aquí.
n
nDía do Medio Ambiente
n
nEste evento forma parte do programa de actividades organizado por Tecnópole para celebrar o Día do Medio Ambiente. Este ano, ademais do xa tradicional concurso fotográfico, sumouse como novidade unha xincana ambiental de carácter virtual organizada o 5 de xuño coa colaboración da empresa Contact Comunicación.
n
nO concurso fotográfico 'Tecnoambiental' chega á súa cuarta edición coa posibilidade de que participen todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole até o 21 de xuño.
n
nPartindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada co medio ambiente sempre que estea localizado dentro do recinto de Tecnópole.
n
nCada participante pode presentar un máximo de tres fotografas orixinais e inéditas a través de correo electrónico (sabela@tecnopole.es) ou da canle de Tecnópole en Twitter mediante mensaxe directa ou usando o hashtag #Tecnoambiental, indicando o nome da obra e un contacto.
n
nAs fotografías poderán estar en formato JPG ou TIFF, cunha resolución mínima de 1772 x 1181 pixeles (bastará unha cámara de 2Mpx), para poder reproducir as fotos en formato 30x20cm. O fallo do premio, que consistirá nun vale de 100 euros para a adquisición de accesorios fotográficos, darase a coñecer o día 28 de xuño.
n
nA xincana ambiental, na que participaron 23 persoas, baseouse nun itinerario tecnolóxico virtual deseñado e habilitado pola empresa Contact Comunicación. Estaba composto por tres códigos BIDI colocados en diferentes puntos do recinto de Tecnópole que os participantes debían descubrir. Cando os participantes foron descubrindo e descargando os códigos atopáronse con curiosidades sobre enerxía achegadas por outras tres empresas do Parque (Ingeo, Gaélica Solar e Kinetika Innovacións Estruturais) e recomendacións de boas prácticas ambientais formuladas por Contact Comunicación.

n

n

 

n