Tecnópole celebra o seu tradicional magosto o próximo 8 de novembro

Todos os traballadores das empresas e entidades do Parque Tecnolóxico de Galicia están invitados o próximo 7 de novembro ás 13.30 horas na parte traseira do Edificio CEI a celebrar unha nova edición do Magosto Tecnópole, con gaiteirada incluída.

Á celebración, que ten lugar dende hai xa doce anos como actividade de convivencia, están invitados tamén os familiares e amigos dos traballadores. Para asistir soamente é necesario enviar un correo antes do 3 de novembro a isabel@tecnopole.gal, co fin de que a previsión de asistencia sexa o máis axustada posible á realidade e a ninguén lle falten castañas asadas, viño e chourizos.

(Fonte: Tecnópole)