Tecnópole celebra o seu tradicional magosto o próximo 5 de novembro

Todos os traballadores das empresas e entidades e da sociedade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia están invitados o próximo 5 de novembro ás 19 horas na parte traseira do Edificio CEI a celebrar unha nova edición do Magosto Tecnópole.
 
Á celebración, que ten lugar dende hai xa nove anos como actividade de convivencia, están invitados tamén os familiares e amigos dos traballadores. Para asistir soamente é necesario enviar un correo antes do 3 de novembro a isabel@tecnopole.es, co fin de que a previsión de asistencia sexa o máis axustada posible á realidade e a ninguén lle falten castañas asadas, viño e chourizos.