n
n
Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole celebra o próximo 14 de marzo o seu primeiro workshop centrado no ámbito da biotecnoloxía. Nel daranse cita empresas, centros de coñecemento e outras entidades relacionadas co sector para asistir a unha serie de relatorios especializados e coñecer o Laboratorio de Biotecnoloxía de Tecnópole.
n
n
n
n
A asistencia ás ponencias e á visita ao laboratorio é gratuíta e o prazo de inscrición está aberto para empresas e entidades de toda España. Este é o primeiro dun ciclo de workshops sectoriais que Tecnópole organizará ao longo deste ano coincidindo co seu vixésimo aniversario.
n
n
A sesión da mañá afondará en primeiro lugar no bioemprendemento. A análise sobre a realidade galega irá a cargo da presidenta do Cluster Galego Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e da plataforma tecnolóxica do sector (Biotega), Carme Pampín, que conta tamén con experiencia como bioemprendedora con Galchimia, sobre a que comentará o seu proceso de saída ao Mercado Alternativo Bursátil (MAB). Por parte de Genoma España, Noelia Romero presentará o Programa Biocampus, dirixido a estimular o emprendemento universitario no sector.
n
n
A valorización do coñecemento e a transferencia de resultados de investigación á empresa serán outros dos piares da xornada, neste caso de man da catedrática de Farmacoloxía da Universidade de Santiago Mabel Loza, que explicará a súa experiencia na creación da primeira unidade mixta empresa-universidade no seu sector en Galicia (e segunda en España).
n
n
A perspectiva sobre a internacionalización poñeraa Raúl Viña Santander, xefe de Sector, Tecnoloxía e Proxectos do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX). Sobre xestión empresarial neste sector intervirá un representante da empresa Lonza Biologics Porriño e a sesión sobre financiamento versará sobre os fondos específicos para biotecnoloxía da man da Plataforma de Mercados Biotecnológicos (CRB Inverbío).
n
n
Finalmente, o director xeral de I+D+i da Xunta de Galicia explicará as liñas do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015 centradas na creación de valor.
n
n
A sesión da mañá rematará coa visita ao Laboratorio de Biotecnoloxía da Tecnópole, unha instalación dotada cos máis modernos equipamentos a disposición de empresas e centros de coñecemento de toda España. Trátase dunha iniciativa sen precedentes para facilitar o acceso a tecnoloxía necesaria no desenvolvemento de actividades de I+D+i centradas no sector bio baixo unhas condicións de uso moi vantaxosas.
n
n
Posteriormente terá lugar un xantar-coloquio para fomentar o establecemento de contactos entre los asistentes. Durante a tarde, Bioga celebrará a súa asemblea xeral extraordinaria na Tecnópole.
n
n
A inscrición ao workshop pode formalizarse en tecnopole@tecnopole.es. aquí.
n
n
n