Tecnópole celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cunha charla coloquio para empresas

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, Tecnópole organiza unha charla coloquio que terá lugar o día 11 de xuño no edificio CEI do Parque Tecnolóxico de Galicia en horario de 12:30 a 14 horas.
 
A charla estará especialmente dirixida a empresas do sector da enerxía e o medio ambiente, pero está aberta á partipación de empresas de calquera ámbito.

A sesión contará coa intervención do concelleiro de Medio Ambiente do Concello do Barco, Aurentino Alonso, e de Melina Rodríguez, técnica deste mesmo departamento, que expoñerán a xestión medioambiental que se está levando a cabo neste municipio ourensán e os seus proxectos futuros.

Na charla abordaranse a eficiencia enerxética e as enerxías renovables, a mobilidade e sustentabilidade, a educación ambiental e a xestión dos residuos e a auga.

A inscrición, de carácter gratuíto, pode formalizarse aquí.