Parque Tecnolóxico de Galicia celebra o Día Mundial do Medio Ambiente convocando o I Concurso Fotográfico ‘Tecnoambiental’, aberto á participación de todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole até o 30 de xuño.
Partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada co medio ambiente sempre que estea localizado dentro do recinto da Tecnópole.
Cada participante pode presentar un máximo de tres fotografas orixinais e inéditas a través de correo electrónico (sabela@tecnopole.es) ou da canle de Tecnópole en Twitter, indicando o nome da obra e un contacto.
O fallo do premio, que consistirá nun vale de 100 euros para a adquisición de accesorios fotográficos, darase a coñecer o día 7 de xullo.
As fotografías poderán estar en formato JPG ou TIFF, cunha resolución mínima de 1772 x 1181 pixeles (bastará unha cámara de 2Mpx), para poder reproducir as fotos en formato 30x20cm.