Tecnópole celebra o Día do Medio Ambiente co seu xa tradicional concurso fotográfico, ao que este ano se suma como novidade una xincana ambiental de carácter virtual organizada coa colaboración da empresa Contact Comunicación.
n
n
nA xincana ambiental baséase nun itinerario tecnolóxico virtual deseñado e habilitado por Contact. Está composto por tres códigos BIDI colocados en diferentes puntos do recinto de Tecnópole que os participantes deberán descubrir. Cando os participantes vaian descubrindo e descargando os códigos encontraranse con curiosidades sobre enerxía achegadas por outras tres empresas do Parque (Ingeo, Gaélica Solar e Kinetika Innovacións Estruturais) e recomendacións de boas prácticas ambientais formuladas por Contact Comunicación. Todo aquel que consiga chegar á meta recibirá un pequeno obsequio sorpresa.
n
nO obxectivo desta iniciativa é que participe o maior número de persoas posible para garantir un bo nivel de difusión de boas prácticas ambientais, en consonancia coa política de calidade e medio ambiente de Tecnópole.
n
nConcurso fotográfico
n
nConcurso fotográfico
n
n
Ademais, a entidade convoca a cuarta edición do seu concurso fotográfico ‘Tecnoambiental’, aberto á participación de todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole desde o 5 ata o 21 de xuño.
n
nPartindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorno relacionado co medio ambiente sempre que estea localizado dentro do recinto de Tecnópole.
n
nCada participante pode presentar un máximo de tres fotografías orixinais e inéditas a través de correo electrónico (sabela@tecnopole.es) ou da canle de Tecnópole en Twitter mediante mensaxe directa ou usando o hashtag #Tecnoambiental, indicando o nome da obra e un contacto.
n
nA decisión do premio, que consistirá nun vale de 100 euros para a adquisición de accesorios fotográficos, darase a coñecer o día 28 de xuño.
n
nAs fotografías poderán estar en formato JPG ou TIFF, cunha resolución mínima de 1772 x 1181 píxeles (bastará unha cámara de 2Mpx), para poder reproducir as fotos en formato 30x20cm.
n
nCharla-coloquio
n
nPor último, o proximo día 13 de xuño terá lugar en Tecnópole unha charla-coloquio impartida pola concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ourense, Susana Bayo, baixo o título “Ourense, cara a unha cidade medioambientalmente sustentable!”.