Como se explicou hai uns días na presentación do evento na sede da CEO, ademais de participar na formación e o xurado do programa, Parque Tecnolóxico de Galicia premiará os gañadores con este espazo durante tres meses e medio para o desenvolvemento das súas ideas de negocio.
StartUp Pirates ten o obxectivo de axudar a potenciais emprendedores a desenvolver ideas de negocio nunha semana. Esta iniciativa, de aÏmbito internacional e que conta con 3 anos de traxectoria noutros paiÏses do mundo, celébrase por primeira vez en Ourense e materializarase do 3 ao 10 de maio en sesións intensivas entre os emprendedores (un grupo entre 20 e 25) e os distintos colaboradores que lles axudaraÏn a acelerar a súa idea de negocio.
A CEO, como socio estrateÏxico da súa implantacioÏn en Ourense, concederá bolsas a 10 dos participantes e colaboraraÏ en todo o proceso de formacioÏn. Ademais de Tecnópole, tameÏn cooperan no seu desenvolvemento outras entidades como a Universidade de Vigo, cuxos representantes, acudiron tameÏn á presentacioÏn desta iniciativa.
Patricia DiÏaz, MariÏa Regueira e MoÏnica Mura, as responsables do programa en Galicia, explicaron na presentacioÏn a metodoloxiÏa das sesións, que se desenvolven formando equipo e potenciando as habilidades comunicativas, e expuxeron as cotas de participacioÏn e os premios que ao final do programa reciben tanto os participantes como o proxecto gañador.
A CEO participa como socio nesta iniciativa no seu afaÏn por fomentar o emprendemento nun momento importante para facelo; de feito, o seu vicepresidente destacou na presentacioÏn que o aumento rexistrado nas afiliacións á Seguridade Social do pasado mes de marzo se debe en maÏis do 50% aos emprendedores.
Recordou ademais que as leis de emprendemento que entraron en vigor recentemente facilitaron o labor deste colectivo con medidas como a tarifa plana ou a reducioÏn de carga burocraÏtica, e que “aínda que estamos no bo camiño non é suficiente porque os emprendedores necesitan mellor acceso ao financiamento, e dende aquiÏ aproveitamos para reivindicalo”.
Pola súa banda, Luisa Pena, directora financeira de TecnoÏpole, destacou o papel desta entidade no mundo do emprendemento, coa posta en marcha da maior incubadora de empresas da provincia, a preincubadora de proxectos que impulsa coa Universidade de Vigo ou a sala de coworking, que daraÏ acollida aos gañadores desta edicioÏn de StartUp Pirates.
Alberto Vaquero, director da aÏrea de DescentralizacioÏn do Campus de Ourense, aproveitou para felicitar por esta actividade á CEO e a TecnoÏpole, entidades coas que a Universidade colabora asiduamente e ten outros proxectos en marcha. Vaquero recordou as caracteriÏsticas das denominadas startup ou empresas incipientes ata a súa consolidacioÏn, e destacou que no programa formativo os participantes teraÏn que levar a cabo xunto á súa idea de negocio, o fomento da creatividade, estudar o mercado ou coñecer os consumidores.
(Fonte: CEO e Tecnópole)