Tecnópole busca a mellor foto dos últimos 25 anos

Con motivo do seu 25 aniversario, Parque Tecnolóxico de Galicia convoca un concurso para atopar a mellor fotografía que se realizou no recinto durante este último cuarto de século.

O certame está aberto á participación de calquera amante da fotografía que rexistrara coa súa cámara algo especial, divertido, bonito, curioso, festivo ou extraordinario en Tecnópole.

As fotografías poden enviarse por correo electrónico a prensa@tecnopole.es ou vía Twitter co hashtag #25anosTecnópole. Os arquivos han de ter formato imaxe (jpg, tiff ou similar) e boa calidade.

O prazo está aberto ata o 30 de xuño e serán os propios participantes os que elixan o gañador ou gañadora, que recibirá un premio no evento central do aniversario.

(Fonte: Tecnópole)