Tecnópole aproba a instalación de dúas empresas dos sectores da robótica e das telecomunicacións

Tecnópole aumenta a súa nómina de empresas coa incorporación de dúas novas iniciativas de negocio, segundo autorizou o Consello de Administración da entidade na súa última reunión. As novas empresas, que se instalarán no Centro de Innovación e Empresas (incubadora de Tecnópole), desenvolverán a súa actividade nos sectores da robótica e das telecomunicacións.

n
n

nEn primeiro lugar, foi aprobada a instalación de Robimat, froito dunha iniciativa de emprendemento innovador para o deseño de celas robotizadas para procesos industriais. Os seus promotores queren desenvolver solucións de automatización á medida para empresas industriais de diferentes sectores. O obxectivo dos seus equipos será optimizar os procesos produtivos dos seus clientes mediante solucións que integren a robótica, a electricidade, a electrónica e a mecánica.
n
nAdemais, Robimat nace con dous proxectos de I+D+I xa definidos. O primeiro deles é unha cela robotizada para o paletizado de patacas, que permitirá empaquetar bolsas de patacas en caixas de cartón e, á súa vez, estas últimas en palets, a un ritmo de 15 bolsas por minuto. O traballo será realizado por un robot que utilizará previsiblemente ventosas para non danar as patacas ao agarrar e manipular as bolsas.
n
nO segundo proxecto é unha aplicación móbil para o control de instalacións domóticas, que permitirá controlar cun smartphone ou tablet o funcionamento das luces, das persianas, da calefacción, da alarma, de electrodomésticos ou de calquera dispositivo do fogar habilitado para o seu accionamento remoto.
n
nServizos en comunicacións
n
nTamén comezará a súa actividade en Tecnópole a empresa de nova creación Retega (Redes e Tecnoloxías Galegas), que prestará servizos de telecomunicacións relacionados coa implantación de sistemas de comunicacións fixos e móbiles, ademais de proxectos de deseño web.
n
nOs seus promotores diríxense a unha clientela ampla, dende autónomos e pequenas empresas cunha oferta de servizos básicos moi accesibles ata grandes contas nacionais con solucións avanzadas á medida.
n
n(Fonte: Tecnópole)

n