n
n
A idea de negocio que resulte gañadora do Premio ao Mellor Proxecto Empresarial do Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo poderá desenvolverse na preincubadora de Tecnópole. O proxecto vencedor presentarase este xoves na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.
n
n
n
n
n
n
Baixo o título 'Focalizados en educación normativa de administración', a idea consiste nun centro online de formación na administración e dirección de empresas que supón unha innovación na rede de contactos internos que permite formarse aos usuarios de forma gratuíta.
n
n
A directora de Tecnópole, Luisa Pena, intervirá no acto de entrega para explicar as vantaxes que terán os gañadores ao contar non só con espazo senón con todos os servizos que ofrece o Parque Tecnolóxico de Galicia ás súas empresas.
n
n
A preincubadora de empresas de base tecnolóxica, nacida da alianza entre Tecnópole e a Universidade de Vigo, é un espazo destinado ao desenvolvemento de iniciativas de base científico-tecnolóxica por parte da comunidade universitaria que está permanentemente aberto á entrada de novos proxectos. Os emprendedores deben poñer unha idea con perspectivas de viabilidade enriba da mesa para optar a un espazo totalmente equipado con acceso gratuíto a todas as infraestruturas e servizos tecnolóxicos que se prestan dende o Parque. Unha comisión mixta formada por representantes de Tecnópole e da Universidade de Vigo analizará os méritos do proxecto en función dos informes técnicos realizados pola Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación (OTRI) da Universidade e decidirá se o equipo que o presentou pode iniciar a súa actividade na preincubadora.
n
n
Cátedra Tecnópole
n
n
Ademais, Luisa Pena exporá ante os asistentes outra iniciativa na que o Parque Tecnolóxico de Galicia conta coa colaboración da Universidade de Vigo: a Cátedra Tecnópole. Trátase dunha iniciativa que consiste en dinamizar e desenvolver proxectos conxuntos de I+D+i entre grupos de investigación universitarios e as empresas e institucións situadas en Tecnópole.
n
n
O obxectivo é estimular a actividade en materia de investigación e desenvolvemento das empresas baseándose en necesidades concretas e optimizar os mecanismos de transferencia de resultados dos organismos públicos de investigación ao sector privado.
n
n
Para a posta en marcha do traballo conxunto cos investigadores da Universidade de Vigo as empresas interesadas en participar na Cátedra Tecnópole presentan as súas propostas de proxectos de I+D+i, indicando o perfil apropiado dos recursos humanos que demandan para o seu desenvolvemento. Os responsables da Cátedra póñenas en contacto cos grupos de investigación da Universidade de Vigo máis indicados para cada proxecto.
n
n
(Fonte: Tecnópole)
n
n
n
n