Tecnópole acolle unha xornada técnica sobre oportunidades de internacionalización para as empresas galegas

Tecnópole acollerá o próximo día 17 de febreiro, en horario de 10.30 a 12.30 horas, unha xornada técnica de difusión sobre o Plan de Internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), cuxa convocatoria de axudas para empresas se atopa aberta actualmente.
n
nEstas subvencións, que poderán ser solicitadas ata o próximo 31 de maio, teñen como obxectivo facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escaso perfil internacional e apoiar empresas xa internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance liñas de axudas financeiras que dinamicen a súa proxección exterior e ampliando o número de países receptores das exportacións galegas e a diversificación dos sectores exportadores.
n
n

Con esta finalidade ofrécese axuda económica para o desenvolvemento da estratexia de internacionalización das empresas, contribuíndo financeiramente á execución de plans específicos de promoción. Así mesmo, considérase tamén que se deben primar as accións promocionais conxuntas por parte de empresas galegas mediante maiores niveis de apoio en canto que permiten un uso máis eficiente dos recursos.

n

 

n

Tal e como se explicará durante a xornada deste próximo xoves, os proxectos obxecto de apoio serán aqueles de que fagan promoción e faciliten o acceso das empresas galegas ao exterior e incentiven a súa internacionalización. O IGAPE poderá conceder subvencións a fondo perdido sobre os gastos subvencionables realizados polas empresas ou organismos intermedios que teñan a sede efectiva da súa actividade ou algún centro de traballo en Galicia na execución de actuacións dirixidas á promoción internacional de produtos elaborados, comercializados e/ou servizos prestados.

n