Tecnópole acolle unha xornada sobre oportunidades de financiamento de proxectos de investimento e de I+D+i

O próximo día 19 de xullo terá lugar no salón de actos de Tecnópole unha xornada sobre oportunidades de financiamento de proxectos de investimento e de I+D+i. A sesión centrarase en dous programas que convocará proximamente o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), o FEDER-INNTERCONECTA e o INNPRONTA. En total, ambas as dúas convocatorias teñen unha dotación económica próxima a 500 millóns de euros.

n
n

O programa INNTERCONECTA financia proxectos de I+D desenvolvidos por consorcios de empresas situadas en rexións de converxencia (Andalucía, Galicia e Estremadura) orientados cara a produtos, procesos e servizos, cunha clara orientación ao mercado e baseados na demanda (proxectos de desenvolvemento industrial). O consorcio solicitante ha de estar formado por entre tres e dez empresas e os gastos financiables contemplan a amortización de activos fixos, horas de persoal propio, materiais, subcontratacións e gastos xerais. A subvención pode alcanzar o 40% para grandes empresas, o 50% para medianas e o 60% para pequenas. O proxecto ha de ser a tres anos e esixirase unha subcontratación mínima sobre o total do presuposto con OPIs/centros de investigación (espérase entre 10-15%).

n

Pola súa banda, o INNPRONTA dá amparo a proxectos de I+D desenvolvidos por grandes consorcios, precompetitivos de gran dimensión e de contido tecnolóxico (proxectos de investigación industrial). Han de participar polo menos catro empresas e os gastos financiables son a amortización de activos fixos, horas de persoal propio, materiais, subcontratacións e gastos xerais. O tipo de financiamento é un empréstito reembolsable ao 0% de ata o 75 +10% do presuposto financiable con tramo non reembolsable do 35% para grandes empresas e do 40% para pemes. O presuposto mínimo do proxecto ha de ser de 15 millóns de euros para 4 anos e a subcontratación mínima do 15% sobre o total do presuposto con OPIs/centros de investigación.

n

Ademais, durante a xornada aproveitarase para revisar outras posibles oportunidades de financiamento para proxectos de investimento e de I+D+i en convocatorias actualmente abertas do 7PM e de eficiencia enerxética.

n

As empresas interesadas poden confirmar a súa asistencia en nuria@tecnopole.es.

n