O sector canadense de composites acadou un alto grao de madurez grazas ás 300 empresas e 50.000 empregados que o compoñen. Este sector destaca polo seu perfíl exportador, que xa lle permitiu un posicionamento líder en moitos mercados internacionais. Isto débese ao seu potencial comercial e de innovación, grazas ao papel tractor de fortes clústeres como son o aeronáutico e o da automoción, sen esquecer o da enerxía eólica, de máis recente crecemento.
En particular, é no sector aeronáutico onde Canadá desenvolveu unha gran variedade de capacidades e aplicacións para composites que inclúen: aeroestruturas, motores de turbina de gas e sistemas mecánicos, como trens de aterraxe. A industria aeronáutica canadense é principalmente civil, aínda que ten tamén importantes aplicacións militares.
Ademais, o notable liderado de Canadá en innovación de composites xorde como resultado do importante apoio de centros de coñecemento de nova creación enfocados nesta área, resaltando o Composites Innovation Centre – Manitoba Inc (CIC), unha organización sen ánimo de lucro de carácter público-privado, laboratorios con equipos de vangarda e unha rede de 23 universidades especializadas en investigación en composites.
Ante este escenario de oportunidade de negocio, esta xornada permitirá profundizar nas oportunidades de colaboración que ofrece o sector de composites canadense, os programas hispano-canadenses de colaboración en I+D existentes e exemplos de éxito de empresas neste sector. Neste contexto, o xerente de Coasa, Yago Fontán, exporá a colaboración da empresa aeronáutica situada en Tecnópole ca canadense Bombardier Inc.