Tecnópole acolle unha xornada informativa sobre os empréstitos participativos de ENISA

O próximo día 12 de abril Tecnópole acollerá unha xornada informativa sobre os empréstitos participativos da Empresa Nacional de Innovación (ENISA), dirixidos a apoiar a creación, crecemento e consolidación de proxectos empresariais mediante un presuposto total de 126 millóns de euros.

n
n

nA asistencia á sesión, organizada pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), é gratuíta e debe formalizarse picando aquí. Na xornada, prevista para as 12 horas, exporanse as liñas de financiamento dispoñibles e ofrecerase información práctica sobre os procedementos operativos para tramitar solicitudes.
n
nENISA ofrece empréstitos participativos con importes que oscilan entre 25.000 euros e 1,5 millóns de euros a proxectos empresariais impulsados por emprendedores e pequenas e medianas empresas de calquera sector de actividade, agás inmobiliario e financeiro.
n
nO empréstito participativo é un instrumento financeiro que se atopa a medio camiño entre os empréstitos tradicionais e os investimentos de risco (capital risco ou capital semente), que non precisa de máis garantía nin aval que un plan de negocio viable e de calidade.

n