Tecnópole acolle unha xornada informativa sobre o Programa Conecta Peme, dotado con 8 millóns para proxectos de innovación

Tecnópole acollerá o próximo día 23 de xaneiro unha xornada informativa sobre a convocatoria de axudas do Programa Conecta Peme, publicada recentemente para activar un investimento público de 8 millóns de euros en proxectos de innovación promovidos por pequenas e medianas empresas galegas.

n
n

nIsto supón a activación de dúas convocatorias deste programa en tan só catro meses, o que en total se traducirá en 40 millóns de euros en mobilización de investimentos para proxectos de innovación de pemes galegas.
n
nO obxectivo do Conecta Peme é incrementar a capacidade científico-técnica do tecido empresarial galego e fomentar a colaboración público-privada a través do cofinanciamento de proxectos innovadores. Tras o elevado interese que espertou a primeira convocatoria, que beneficiou a máis dun centenar de pemes galegas implicadas en 30 proxectos consorciados que mobilizan 25 millóns de euros en áreas estratéxicas, o pasado 13 de xaneiro publicouse no Diario Oficial de Galicia a segunda convocatoria, dotada con 8 millóns de euros e que mobilizará preto de 15 millóns.
n
nNesta nova edición, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 14 de febreiro, incentívase unha vez máis a innovación aberta para a mellora competitiva das pemes, apoiando iniciativas nas que participan un mínimo de 3 e un máximo de 6 empresas e polo menos un centro tecnolóxico ou de investigación. A contratación destes centros debe supoñer un mínimo do 15% do presuposto total do proxecto, o que supón que o programa reserva nesta convocatoria 1,2 millóns de euros da súa dotación ao financiamento de I+D e a transferencia de coñecemento aplicado dende estes organismos.
n
nO presuposto das iniciativas será de 600.000 euros en diante, con axudas que, no caso de proxectos de investigación industrial serán de ata o 60% para as pequenas empresas e de ata o 50% para as medianas, mentres que no caso das iniciativas de desenvolvemento experimental as porcentaxes ascenden ata o 80% para as pequenas e o 75% nas medianas empresas. Os beneficiarios do programa activado pola Consellería de Economía e Industria contarán con anticipos por valor do 50% do total das subvencións concedidas, o que ten por obxecto optimizar a eficacia dos investimentos públicos en I+D+I contribuíndo á mellora da liquidez das empresas.
n
nOs proxectos poderán abordar calquera ámbito temático, aínda que se considerarán especialmente aquelas iniciativas que actúen sobre áreas estratéxicas nas que Galicia posúe contrastada potencialidade para o desenvolvemento de proxectos de alto impacto, o que se aliña directamente coas prioridades temáticas establecidas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).
n
nNeste sentido, prestarase especial atención aos proxectos relacionados coa saúde; a alimentación, agricultura e pesca e biotecnoloxía; as tecnoloxías da información e as comunicacións; as nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción; a enerxía, especialmente a biomasa; o medio; o transporte, incluída a aeronáutica; as ciencias socioeconómicas e humanidades; e a seguridade, construción e enxeñería civil e turismo.
n
nO programa ten por obxectivo apoiar proxectos que supoñan unha innovación disruptiva ou radical e que xustifiquen un alto impacto económico, polo que se valorará o novidoso das tecnoloxías xeradas, pero ademais, e moi especialmente, a súa capacidade para xerar rendibilidade no mercado e, en consecuencia, contribuír á competitividade do tecido empresarial e ao crecemento económico de Galicia.
n
nA inscrición pode formalizarse picando aquí.
n
n(Fonte: Consellería de Economía e Industria)

n