O próximo martes 12 de xuño terá lugar en Tecnópole unha xornada gratuíta sobre divulgación tributaria impartida por Javier Gómez Taboada, avogado tributarista e director en Galicia de Ernst & Young Abogados. Nela abordaranse principalmente as numerosas e moi relevantes novidades fiscais que se produciron ao longo dos últimos meses.
n
n
nA xornada, que terá lugar na Sala de Xuntas I do Edificio CEI a partir das seis da tarde, abordará a limitación á deducibilidad fiscal dos gastos financeiros, a sensible restrición da liberdade de amortización, a coñecida como amnistía fiscal e o gravame especial sobre dividendos e rendas de fonte estranxeira. Ademais, tratarase a introdución de límites á dedución por reinvestimento, o novo sistema de cálculo dos pagamentos fraccionados do Imposto sobre Sociedades, a exención de plusvalías de orixe estranxeira e o diferimento na amortización do fondo de comercio.
n
nAdemais, explicaranse as reformas previstas na futura Lei de loita contra a fraude, como son as limitacións á dispoñibilidade de efectivo, os novos deberes de información, a imprescriptibilidade de certos deberes tributarios e as novas facultades da Inspección, entre outros aspectos.
n
nPara calquera información e inscricións: sabela@tecnopole.es.
n
n(Fonte: Tecnópole)