n
n
As persoas que se inscriban realizarán con anterioridade ao taller unha breve enquisa co fin de adaptalo non só ás súas necesidades, senón tamén aos seus coñecementos, tendo en conta dende a súa situación ata o seu obxectivo.
O custo do taller é de 80 euros e a inscrición debe realizarse enviando os datos do/os participante/s a bea@tecnopole.es.
O relator
Autor do libro “Ser feliz non implica ser idiota” e socio de InfoJC, onde actualmente ocupa o cargo de xerente, Javier Cebreiros está especializado no ámbito da comunicación das persoas. Membro da Xunta Directiva de Aedipe Galicia, é Máster en Dirección Económica pola Escola de Negocios Novacaixagalicia e Graduado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo. Actualmente está a realizar o Doutorado en Comunicación na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da mesma universidade.