Tecnópole acolle un taller sobre técnicas de comunicación efectiva

O experto en comunicación Jorge Cebreiros impartirá este mes de abril en Tecnópole un taller sobre técnicas efectivas para falar en público. Haberá dúas sesións en horario de tarde os días 23 e 30 e a inscrición está limitada a un total de dez persoas para garantir o carácter práctico da formación.

n
n

nO taller, que ten unha duración de tres horas cada xornada (de 16:30 a 19:30 h), está dirixido á mellora da comunicación persoal a través da comprensión dun novo enfoque no que priman a práctica e a análise. Traballaranse de forma teórica e práctica os seguintes conceptos: a primeira impresión, a importancia da percepción, a creación da mensaxe, a análise da linguaxe non verbal, a importancia das emocións, a exposición pública das ideas, a impresión que xeramos nos demais, a mellora da escoita emocional e a comunicación.
n
nAs persoas que se inscriban realizarán con anterioridade ao taller unha breve enquisa co fin de adaptalo non só ás súas necesidades, senón tamén aos seus coñecementos, tendo en conta dende a súa situación ata o seu obxectivo.
n
nO custo do taller é de 80 euros e a inscrición debe realizarse enviando os datos do/os participante/s a bea@tecnopole.es.
n
nO relator
n
nAutor do libro "Ser feliz non implica ser idiota" e socio de InfoJC, onde actualmente ocupa o cargo de xerente, Javier Cebreiros está especializado no ámbito da comunicación das persoas. Membro da Xunta Directiva de Aedipe Galicia, é Máster en Dirección Económica pola Escola de Negocios Novacaixagalicia e Graduado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo. Actualmente está a realizar o Doutorado en Comunicación na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da mesma universidade.
n
n(Fonte: Tecnópole)

n