A Consellería de Economía e Industria elixiu Tecnópole para presentar ante as pemes ourensás as súas dúas novas liñas de axudas de apoio á innovación empresarial. O taller, que terá lugar o próximo 24 de setembro, abordará desde unha perspectiva práctica os programas Conecta Pemes e Bonos de Innovación, xestionados pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).
n
n
nO programa Conecta Pemes, que mobilizará 25 millóns de euros a través de axudas por valor de preto de 14 millóns, reflicte o especial compromiso da Xunta coa cohesión territorial a través dos plans 'Impulsa' e co estímulo á innovación nas provincias do interior, sinalando que os proxectos de Ourense e Lugo contarán con valoración adicional.
n
nAs axudas poderán solicitarse ata o 5 de outubro. As bases foron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 5 de setembro.
n
nA través desta iniciativa da Xunta de Galicia apoiarase a mellora das pequenas e medianas empresas galegas con proxectos innovadores que sexan compartidos por entre tres e seis compañías e que conten coa colaboración de polo menos un centro tecnolóxico ou de coñecemento.
n
nO Conecta Pemes apoiará proxectos con presupostos de entre 600.000 euros e 1,5 millóns con axudas que poden supoñer entre o 50 e o 80% do total. As áreas estratéxicas que a Axencia Galega de Innovación considerará especialmente son a saúde; a alimentación, a agricultura, a pesca e a biotecnoloxía; as TIC; as nanociencias, as nanotecnoloxías, os materiais e as novas tecnoloxías de produción; a enerxía; o medio (incluído o cambio climático); o transporte (incluída a aeronáutica); as ciencias socioeconómicas e as humanidades; a seguridade, a construción e a enxeñería civil; e o turismo.
n
nBonos de Innovación
n
nOs Bonos de Innovación, que tamén serán obxecto dunha convocatoria pública proximamente, están deseñados como unha medida incentivadora que suporá a homologación de axentes intermedios e financiará a súa contratación por parte das empresas para preparar proxectos de I+D+I capaces de captar financiamento de convocatorias do Goberno central e da UE.
n
nO obxectivo desta liña de actuación é premiar aos axentes do Sistema Galego de Innovación capaces de atraer financiamento competitivo para I+D+I procedente de fondos nacionais e europeos, o que implicará a obtención de retornos que multiplicarán o investimento da Xunta nos bonos.
n
n A inscrición pode formalizarse aquí até o 20 de setembro. As empresas que o desexen poderán solicitar un encontro bilateral con persoal da GAIN para recibir asesoramento persoalizado sobre o seu proxecto.
n
n(Fonte: Xunta de Galicia)